InicioSociedadeA defensa de Ana Sandamil recorre ante o TSXG a condena a...

A defensa de Ana Sandamil recorre ante o TSXG a condena a prisión permanente revisable

Alega, como fixo no xuízo, que a nai padece un trastorno psiquiátrico

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa de Ana Sandamil, condenada a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla Desirée Leal, recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o fallo.

No recurso, segundo confirmaron fontes coñecedoras a Europa Press, o letrado alega, como fixo no xuízo, que a nai padece un trastorno psiquiátrico que provocou, no momento dos feitos, que non fose consciente dos seus propios actos.

De acordo co veredicto de culpabilidade emitido polo xurado, a Audiencia Provincial de Lugo condenou o pasado mes de marzo a prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla Desirée, de sete anos, ocorrido en maio de 2019 en Muimenta. O xuízo tivo que repetirse tras declarar o TSXG nulo o primeiro por falta de xustificación do veredicto.

O fallo do xurado do que deriva a sentenza agora recorrida considera probado por unanimidade que, na madrugada do 3 de maio de 2019, Ana Sandamil, que durmía na mesma cama que a súa filla Desirée, de sete anos, forneceulle “un fármaco con efectos sedantes”, a trazodona, “coa intención de acabar coa súa vida”. Para iso, disolveu o medicamento “nun líquido” e deullo pola forza.

Seguidamente, e como a nena non accedera a tomalo, “asfixiouna coas súas propias mans, exercendo presión no seu pescozo e obstruíndo tamén as súas vías respiratorias, boca e nariz, para o que puido empregar, ademais, as súas mans ou algún dos obxectos que había na habitación”. Desirée morreu por asfixia mecánica por compresión e oclusión dos orificios respiratorios e, estiman, “non tivo posibilidade de reaccionar ou de defenderse” do ataque.

Tras a morte da nena, recolle o veredicto, Ana Sandamil “acudiu ao dormitorio da súa nai para comunicarlle” que Desirée falecera e, posteriormente, “inxeriu unhas pastillas de trazodona” coa intención de simular un intento de suicidio, aínda que “sabedora de que a súa inxesta non lle provocaría a morte”.

O veredicto tamén determina por unanimidade que a muller “era coñecedora da intención do pai” de Desirée de “modificar e incrementar legalmente o réxime de visitas”, co obxectivo de pasar máis tempo con ela.

Ademais, foi declarado probado por maioría de sete dos 9 xurados que Ana Sandamil padecía no momento dos feitos algún tipo de trastorno, “pero que non afectaba as súas facultades mentais nin ás súas capacidades cognitivas nin volitivas” nin lle impedía coñecer o alcance dos seus feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...