InicioMedioambiente e PatrimonioO Día da Árbore congrega a 200 persoas na contorna do río...

O Día da Árbore congrega a 200 persoas na contorna do río Rato

Plantáronse 20 castiñeiros e tamén se entregou unha árbore autóctona a cada un dos asistentes ao encontro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto co deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado no acto organizado polo Día da Árbore pola Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti na contorna do río Rato.

O evento que congregou a máis de 200 persoas e a deputación colaborou poñendo a disposición unha parcela de titularidade provincial para a plantación de 20 castiñeiros, ademais de entregar unha árbore autóctona a cada un dos asistentes ao encontro.

José Tomé felicitou ao colectivo por esta iniciativa, que se celebra desde hai máis de 30 anos, “unha mostra máis do dinamismo do movemento veciñal” na provincia, así como do seu “compromiso coa conservación do medio ambiente e do patrimonio natural”.

Coa celebración do Día da Árbore, a Federación de Asociacións de Veciños da provincia busca concienciar sobre o medio ambiente, a importancia da reforestación do territorio, o coidado das zonas verdes e promocionar os produtos de Lugo, xa que durante a comida que se celebrou tras a plantación das árbores degustáronse produtos da provincia.

Durante a xornada, na que o Concello de Lugo colaborou coa entrega de 250 plantas de lavanda, tomiño e romeu, entre outras especies aromáticas de efectos medicinais, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, puxo en valor a necesidade de desenvolver accións como esta, de concienciación ambiental e de coidado dos espazos naturais.

OBRAS EN BALEIRA

Por outra banda, a Deputación de Lugo informou este sábado de que se van a iniciar as obras para reparar a estrada provincial LU-P-0406, de Martín a Crende, no Concello de Baleira, que resultou danada polas choivas.

En concreto, a institución provincial inviste preto de 130.000 euros nos traballos, que obrigarán a cortar a vía a partir do próximo luns, 27 de marzo, e durante un prazo máximo de tres semanas á altura do punto quilométrico 2,700.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...