InicioSociedadeO Batallón de Intervención en Emerxencias da UME realizará un exercicio de...

O Batallón de Intervención en Emerxencias da UME realizará un exercicio de adestramento na provincia

O operativo do BIEM V estará composto por 350 militares e 120 vehículos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V), da Unidade Militar de Emerxencias (UME), realizará, entre o 20 e o 23 de marzo, un exercicio multirrisco encamiñado á instrución e adestramento en diversos tipos de emerxencias, que levará a cabo na provincia de Lugo.

Segundo informa, as prácticas programadas pretenden adestrar ao persoal fronte a inundacións e diversas incidencias derivadas da devandita emerxencia, “afianzando as capacidades operativas do BIEM V”.

“Encamiñadas á evolución e mellora dos seus procedementos, así como actuacións en sismos, espeleosocorro e protección de bens de interese cultural“, engade.

O operativo do BIEM V estará composto por 350 militares e 120 vehículos, entre os que se atopan: autobombas, ambulancias, estacións de transmisións e diversos vehículos pesados e lixeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...