InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pechará un bar de forma cautelar durante un...

O Concello de Lugo pechará un bar de forma cautelar durante un ano

Con esta medida búscase "mellorar a convivencia na zona".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello sancionará ao bar Las Palmeras, situado na rúa Tui, cun peche cautelar por 12 meses para “mellorar a convivencia na zona”.

Así o avanzou despois de que os técnicos da administración municipal detectasen varias “deficiencias”. “Esperamos que esta medida mellore a convivencia na zona, dado que este local é actualmente un dos maiores focos de conflitividade de Lugo”, subliñou Arroxo.

A sanción de peche cautelar por un prazo dun ano, unha das maiores que se pode aplicar a un bar, producirase unha vez complétense os prazos legais de reclamacións, en aproximadamente 45 días.

Iso si, daráselle ao negocio un prazo de tres meses para adoptar as medidas correctoras que propoñan os técnicos municipais. “Seguimos traballando para garantir a seguridade nas rúas de Lugo e solucionar os problemas de convivencia que poidan existir nos diferentes puntos da cidade”, agregou o ‘número dous’ do Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...