InicioSucesosIdentificada unha muller por roubar bebidas nun 'súper' en Lugo

Identificada unha muller por roubar bebidas nun ‘súper’ en Lugo

Outro agrediu a un cidadán que correu tras el por roubarlle o teléfono.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias nos últimos días por varios presuntos delitos de furto, e identificaron, por unha banda, a unha muller que subtraeu varias bebidas nun supermercado e, por outro, a dous homes que levaron unha caixa de ferramentas dun furgón.

A primeira intervención tivo lugar na tarde do luns, cando unha dotación da Policía de Barrio acudiu a un supermercado da Avenida da Coruña, onde unha muller abandonara o establecemento levando varios produtos escondidos nun bolso.

Os axentes localizaron á sospeitosa e, ao rexistrar as súas pertenzas, atoparon dúas botellas de 2 litros de bebida cada unha que, recoñeceu, subtraera no supermercado. Por estes feitos foi denunciada por furto.

AGRESIÓN

Por outra banda, na tarde deste martes, a Policía acudiu á rúa Montevideo, alertada por testemuñas que viran a dous homes levar unha caixa de ferramentas dun furgón coa parte traseira aberta. As testemuñas mesmo lles fixeron unha foto co teléfono, o que facilitou aos axentes a procura.

Por outra banda, axentes da Policía Nacional da Comisaría provincial de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun varios de delitos de roubo, furto, ameazas graves, e lesións.

Segundo informaron fontes policiais, un cidadán presentou denuncia polo roubo do seu teléfono móbil, cando transitaba pola vía pública. Tras eses feitos, a vítima localizou ao ladrón e reclamoulle que lle devolvese o terminal.

Nese momento, o sospeitoso ameazou e agrediu á vítima, tratou de golpealo con varios obxectos, e a persoa atacada acabou no servizo de urxencias para ser atendido das feridas que presentaba.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...