InicioLugo e contornaLugoUnha redada policial nun local de Lugo acaba coa incautación de navallas...

Unha redada policial nun local de Lugo acaba coa incautación de navallas e droga

Policía Local e Nacional colaboraron este fin de semana nunha redada realizada nun local de lecer nocturno da Rúa Tui, en Lugo, que se saldou con numerosas actas de infracción, así como coa incautación de dúas armas brancas e droga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local e Nacional colaboraron este fin de semana nunha redada realizada nun local de lecer nocturno da Rúa Tui, en Lugo, que se saldou con numerosas actas de infracción, así como coa incautación de dúas armas brancas e droga.

En concreto, a Policía Nacional levantou dúas actas de denuncia no ‘after’ por tenencia de estupefacientes e outras dúas por posesión de navallas. Á titular do establecemento interviñéronselle tres teléfonos móbiles e un patinete eléctrico.

Ademais, no mesmo local realizáronse numerosas denuncias por infraccións graves á normativa de actividades recreativas. Concretamente, os axentes detectaron que o establecemento tiña en funcionamento un reprodutor de música e altofalantes, cando non o ten permitido, e case triplicaba o aforamento máximo autorizado.

O local tiña a porta e as xanelas “tapiadas”, o que impedía a visión e a entrada de luz e a luminosidade no seu interior era “moi tenue”. Ademais, a Policía Local denunciou que o local exerce a función de pub, cando a súa licenza é de café-bar.

Entre outros elementos de denuncia, apuntan que carece de información dos datos do titular, dos horarios de apertura e peche, de información sobre aforamento, de follas de reclamación e de información sobre a prohibición de consumo de alcol e tabaco por parte de menores. Así mesmo, apuntan o “mal estado do establecemento, instalacións e servizos, cunha falta total de hixiene nos aseos” e deficiencias en iluminación, ventilación e servizos de evacuación.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...