InicioSucesosAs familias das vítimas do dobre crime Cash Record recorrerán ante o...

As familias das vítimas do dobre crime Cash Record recorrerán ante o Supremo a absolución do único procesado

A vogada da familia di que tomaron esta decisión porque "non están de acordo coa motivación da sentenza" e que "hai indicios que non están recollidos" no auto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A avogada das familias do dobre crime do Cash Record en Lugo, Carmen Balfagón, anunciou este venres na Audiencia Provincial de Lugo que presentará un recurso de casación ante o Tribunal Supremo, contra a sentenza na que se absolve ao único procesado polos feitos ocorridos o 30 de abril de 1994.

Balfagón confirmou a Europa Press que tomaron esta decisión porque “non están de acordo coa motivación da sentenza” e que “hai indicios que non están recollidos” no auto.

Deste xeito, a letrada da acusación destacou que a proba indiciaria “non foi ben valorada” e insistiu en que “hai que ter en conta que pasaron 30 anos” desde que tivo lugar o crime no polígono do Ceao.

As familias das vítimas xa apuntaran ao finalizar o xuízo que, de ser absolto o único acusado polo dobre crime, o máis probable sería que recorresen a sentenza. A acusación pedía 28 anos de prisión para o procesado.

SENTENZA DO CASO CASH RECORD

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu hai unha semana ao acusado do dobre crime do Cash Record no que faleceron, tras ser tiroteados, unha caixeira e un reponedor do establecemento, posto que “ningunha proba, nin sequera indicio, coloca ao procesado no polígono do Ceao a noite que sucederon os feitos”.

Con todo, no fallo xudicial, coñecido o pasado venres, o tribunal fai constar carencias na instrución do caso, ocorrido en 1994 e que chegou a xuízo case 30 anos despois, en virtude da “encomiable” acción da acusación particular ante unha instrución “deficiente”.

O tribunal incide na sentenza en que “non existe proba suficiente que o sitúe o día dos feitos no lugar do crime” e nunha das súas conclusións tras debullar os aspectos que levaron a xuízo, lembra que na vista “non se xulga á persoa do procesado, nin o tipo de vida que levaba, nin sequera se era un home que vivía de costas á lei, senón se ese día entrou en Cash Record, matou ás dúas vítimas e apoderouse da cuantiosa recadación –próxima a 3.777.026 pesetas–“.

En xeral, os maxistrados indican que, tal e como sinala o Tribunal Supremo, as sospeitas sobre a posible autoría do acusado “non chegan á condición de indicios”, porque moitas delas “teñen outra explicación diferente á que pretende darse”.

Ademais, afirman que “nin sequera no seu conxunto” poden apuntar “de maneira indubitada, tal e como esixe unha resolución penal”, ao procesado como autor dos feitos polos que se lle xulga”, o que motiva a absolución nun caso no que a Fiscalía non acusou. En todo caso, cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...