InicioSociedadeLorenzana di que a Xunta "impulsa o talento feminino e o acceso...

Lorenzana di que a Xunta “impulsa o talento feminino e o acceso da muller ao emprego” na súa visita a dous negocios lucenses

A conselleira de Promoción do Emprego sinalou que o Executivo autonómico volverá publicar este ano esta liña de apoios, de "forma mellorada"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou este luns dous negocios de Lugo, liderados por mulleres e beneficiarios de diferentes liñas de axudas da Xunta, para pór en valor a “aposta” que, segundo ela, fai o Goberno autonómico para “impulsar o talento feminino e o acceso da muller ao emprego”.

Desta forma referiuse a conselleira ao Plan Emprega Muller, do que a través das axudas do programa ‘Emega’ púidose beneficiar o ‘San Marcos Café’, unha das empresas que visitou. Este local con máis de 25 anos de historia é, para Lorenzana, un “referente no impulso do emprendimiento feminino”.

Así mesmo, a responsable de igualdade lembrou que o plan desenvolvido pola Xunta, dotado en 2023 con máis de 16 millóns de euros, inclúe catro programas específicos que profundan na formación para o emprego, fomentan a contratación por conta allea e impulsan o traballo por conta propia, a través do emprendimiento.

Lorenzana referiuse tamén á liña de axudas Xempre Emprendemento durante a súa visita á lucense tenda de roupa ‘Landra‘, negocio favorecido con este programa co que a Xunta pretende apoiar as “novas iniciativas empresariais”.

A conselleira de Promoción do Emprego sinalou que o Executivo autonómico volverá publicar este ano esta liña de apoios, de “forma mellorada”, para reafirmar o seu “compromiso coa iniciativa emprendedora en Galicia”. Un plan que deu cobertura a un total de 1.146 solicitudes que recibiu a Xunta o ano pasado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...