InicioSucesosDetido un corredor de seguros por cobrar pólizas sen dalas de alta...

Detido un corredor de seguros por cobrar pólizas sen dalas de alta en Lugo

Ata o momento detectáronse sete casos, polos que se procede á detención do axente de seguros, imputándolle os delitos de falsificación, estafa e usurpación identidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co ciberdelito, detiveron a un home, de mediana idade, como autor de varias estafas nos seguros de vehículos.

Os feitos foron postos en coñecemento da Policía Nacional, a través de varios informes de Policía Local, que daba conta de infraccións administrativas en materia viaria, nas que os vehículos carecían de seguro de circulación obrigatorio, estando en todas elas implicado o mesmo corredor de seguros.

Tamén se comunicou ao grupo de investigación da Policía Nacional outro caso, dun cidadán que non puido pasar a ITV do seu vehículo xa que ao chegar á estación, comunícanlle que carece de seguro de circulación obrigatorio.

Con todos estes datos, os policías encargados da investigación abriron as correspondentes dilixencias en aras á determinación do alcance do delito e as correspondentes responsabilidades penais dos implicados.

Tras a investigación puideron determinar que o agora detido desenvolvía a súa actividade nunha corretaxe de seguros, utilizando o nome do seu expareja, co que emitía seguros de automóbil, mesmo nalgún caso doutra topoloxía (de fogar e decesos, por exemplo), sempre cobrados en metálico.

Estes seguros non eran dados de alta na compañía aseguradora, ao ser cobrados en man, con diñeiro efectivo, dábaselles un recibo manuscrito, sen ningunha constancia nas diferentes bases de datos onde han de constar os datos para poder circular.

SETE CASOS

Por iso é polo que ao ser detectados os condutores na vía pública polos axentes encargados do control do tráfico, certifican que non están rexistrados na base de datos das compañías aseguradoras, o mesmo ocorre, no momento de pasar a ITV, onde os vehículos constaban sen seguro obrigatorio, non podendo realizar o trámite.

En varios destes casos, o corredor de seguros se personaba de inmediato no lugar a requirimento do cliente e cun recibo manual, trataba de salvar a situación, para que o seu cliente puidese seguir coa súa actividade.

Mesmo en caso de accidente, o axente de seguro daba de alta de forma inmediata o seguro do automóbil na data do sinistro, e como por parte da compañía dáselle presunción de veracidade, o seguro constaba como valido e podíase responsabilizar á compañía do sinistro.

Ata o momento detectáronse sete casos, polos que se procede á detención do axente de seguros, imputándolle os delitos de falsificación, estafa e usurpación identidade ao utilizar os datos do seu expareja para habilitar as pólizas de seguros.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...