InicioSucesosCastroverde homenaxea a Manuel Cordeiro Pérez, deputado republicano socialista impulsor do voto...

Castroverde homenaxea a Manuel Cordeiro Pérez, deputado republicano socialista impulsor do voto feminino

José Tomé subliñou a súa "loita pola igualdade real".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, participou este domingo na inauguración da escultura en memoria de Manuel Cordeiro Pérez, deputado republicano socialista nado na localidade lucense, en concreto, na parroquia de Riomol, que impulsou o voto feminino.

O Concello organizou este acto, impulsado pola veciña Cristina Castedo Pereira, en conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller. Alí, segundo trasladou a Deputación nunha nota de prensa, José Tomé destacou a importancia do traballo realizado por Cordeiro Pérez e subliñou a súa “loita pola igualdade real”. “Un feito polo que aínda hoxe seguimos loitando desde a sociedade e desde a política”, engadiu.

No acto, ao que puxo música o grupo local ‘Zuncurrundullo’, tamén participaron o escultor e creador do busto, Miguel Couto; o historiador e cronista oficial do Concello de Castroverde, Ricardo Polín; e distintos representantes locais, ademais de veciños e veciñas.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...