InicioSociedadeO casco histórico de Lugo estrea o distintivo de acceso a mascotas

O casco histórico de Lugo estrea o distintivo de acceso a mascotas

Lugo Monumental crea un indicativo para os locais que admiten mascotas, que irán incluídos nunha guía, e un decálogo de convivencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación empresarial Lugo Monumental presentou unha iniciativa a prol da convivencia coas mascotas nos locais do casco histórico. A campaña consta de tres accións, sendo a máis notoria a creación dun distintivo para aqueles establecementos que permiten o acceso de animais. Os negocios que conten co indicativo favorable, de cor verde, quedarán recollidos nunha guía. A patronal presentou asemade un decálogo cívico.

“Moitas veces os propietarios dunha mascota non sabemos se podemos entrar a un local, é violento preguntar”, comentaba o presidente da asociación, Luis Latorre. “É mellor ter unha indicación directa”, en referencia ao distintivo que poderán dispor os establecementos comerciais da zona vella. O indicativo é unha pegada de can, de cor verde no caso de permitir o acceso, vermella para os que impiden o paso de mascotas.

O máximo responsable de Lugo Monumental indicou que a Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia unicamente prohíbe a presenza de mascotas onde se elaboren alimentos, con excepción do sector hostaleiro, onde se reserva a cada negocio esta potestade. Así, Latorre animou a quen ten dúbidas a que deixe entrar aos animais, para primeiro comprobar se existe algún inconvinte.

Dende a asociación empresarial xustifican a iniciativa polo fomento da convivencia. O indicativo homologado e a guía de comercios facilitarán, aseguran, a relación cotidiana entre propietarios e mascotas, e esperan que esta circunstancia favorable incremente as posibilidades de adoptar animais.

De igual xeito pronunciouse a presidenta de la Asociación Protectora de Animais de Lugo, Ángeles López Pardo, que pediu “responsabilidade aos donos”. Valorando o decálogo de boas prácticas, lembrou que “o civismo ten que partir primeiro de nós”, e convidou a ter en conta o carácter das mascotas e coidar as súas condicións.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...