InicioSucesosOs controis nocturnos da Policía Local de Lugo sáldanse con tres condutores...

Os controis nocturnos da Policía Local de Lugo sáldanse con tres condutores ebrios e un positivo en drogas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Local de Lugo intensificaron a pasada madrugada os controis de alcol e drogas ao volante, un dispositivo que se saldou con tres alcoholemias positivas e un positivo por drogas.

En concreto, interceptouse a un vehículo que circulaba en zigzag pola rúa río Sil e cuxo condutor presentaba evidentes signos de embriaguez. Deu positivo na proba, con 0,84 mg/l, polo que se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Ademais, foi detectado outro condutor que circulaba con 0,45 mg/l de alcol en sangue pola praza de Fonte dos Ranchos e outro con 35 mg/l de alcol en sangue pola rúa Armórica.

Na mesma vía, a rúa Armórica, os axentes deron o alto a un vehículo que circulaba de forma irregular e cuxo condutor deu positivo en cocaína, THC e metanfetaminas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...