InicioSucesosProtesta en Lugo contra a lei do 'só si é si' tras...

Protesta en Lugo contra a lei do ‘só si é si’ tras a liberación do violador de Augas Férreas

Ante a sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, os concentrados corearon consignas como 'Irene dimisión' ou 'Non á lei do só si é si'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Decenas de persoas participaron este xoves en Lugo ante a Subdelegación provincial do Goberno contra os efectos da Lei de garantías sexuais, coñecida como lei do ‘só si é si’, e para demandar unha rectificación desta reforma penal que levou a revisión de penas para condenados por delitos sexuais.

A protesta, convocada polas colectivo Mulleres en Igualdade de Burela e na que participaron membros do PP e de Ciudadanos, produciuse a raíz da posta en liberdade dun agresor sexual, coñecido como o violador de Augas Férreas, ao que lle foi reducida a súa condena en aplicación por parte dun xulgado do novo marco de penas.

Ante a sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, os concentrados corearon consignas como ‘Irene dimisión’ ou ‘Non á lei do só si é si’.

Pola súa banda, a presidenta de Mulleres en Igualdade de Burela, Yasone Lorenzo, demandou a derrogación da lei e que se asuman responsabilidades políticas “porque está demostrado que esta lei ía ter estas consecuencias e seguiron adiante”.

“Vemos como novos datos din que entre 4.000 e 5.000 depredadores sexuais, que están a cumprir condena van ver revisadas e rebaixadas as súas penas e moitos deles van ser posto en liberdade”, lamentou Lorenzo, que avanzou a convocatoria de novas mobilizacións se non se producen cambios.

Entre os concentrados atopábanse concelleiros do PP no Concello de Lugo, co seu portavoz Ramón Carballo á cabeza, e tamén de Ciudadanos, como a portavoz municipal en Lugo e coordinadora en Galicia dos laranxas, Olga Louzao.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...