InicioSucesosPillan en Becerreá un condutor de ambulancia que cuadriplica a taxa de...

Pillan en Becerreá un condutor de ambulancia que cuadriplica a taxa de alcol

O vehículo médico non transportaba a ningún paciente, só viaxaba outra persoa que non tiña carné

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron ao condutor dunha ambulancia que cuadriplicaba a taxa de alcolemia permitida cando circulaba pola A-6 ao seu paso polo termo municipal de Becerreá.

O condutor arroxou este resultado na proba de alcolemia practicada polos axentes que formaban parte dun control de seguridade instalado no municipio lugués durante a tarde do pasado luns.

O home que manexaba a ambulancia, na que non transportaba a ningún paciente no mometo dos feitos, deu positivo no control cunha taxa catro veces superior á permitida, segundo trasladou a Garda Civil de Lugo.

No vehículo médico tamén viaxaba outra persoa que non puido facerse cargo da ambulancia debido a que carecía de carné de conducir.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...