InicioLugo e contornaLugoO xuízo do Cash Record visto para sentenza: familiares anuncian recursos se...

O xuízo do Cash Record visto para sentenza: familiares anuncian recursos se o imputado non é condenado

A acusación di que "non había outra persoa que reunise todos os indicios para ser o autor" e a defensa cuestiona se "se estaban buscando ao autor do crime ou probas contra M.J.V.C"

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record do Ceao, que tivo lugar o día 30 de abril de 1994, aseguraron este venres, antes de dar comezo a última xornada do xuízo na que todas as partes elevaron as súas conclusións, que recorrerán a sentenza se a Audiencia Provincial de Lugo absolve ao procesado.

A irmá da caixeira falecida, Isabel López, indicou que “están esperanzados e a pena é que isto non se fixese antes“. Aínda así, López apuntou que “parece que á xente que fai ben o seu traballo non a escoitan e a xente que o fai mal arróupana”. Así mesmo, a cuñada da outra vítima, Beli Sánchez, subliñou que as familias “chegaran a non crer na xustiza”, xa que “só parecía que era para ricos”. Así, precisou que con este xuízo espera “crer e volver ter fe na xustiza”.

Á saída da Audiencia, tras coñecer as conclusións de todas as partes, a avogada da acusación, Carmen Balfagón, asegurou que “loitaron coas armas que tiñan” e que se non conseguen unha sentenza condenatoria “seguirán”. Así, sinalou que nas conclusións tanto do fiscal como da defensa “gustoulle que dixesen de onde saíron os tres millóns de pesetas que o acusado ingresou pouco despois do atraco”.

“A SENTENZA SERÁ ABSOLUTORIA”

Pola súa banda, a avogada da defensa, Paula Salvador, apuntou que “está segura de que a sentenza será absolutoria”, aínda que cre que “pode tardar, xa que é un caso complicado e antigo”.

Salvador apuntou que analizaron o caso “investigadores de prestixio recoñecido” e que “non chegaron a ningunha conclusión”. Así, insistiu en que no procedemento xudicial “non se pode condenar a ninguén en base a sospeitas”, xa que “unha sospeita non é un indicio de nada”.

O FISCAL NON ACUSA AO PROCESADO

O fiscal do dobre crime do Cash Record mantivo este venres, cando as partes deron a coñecer as súas conclusións, a súa postura inicial e non exerceu a acusación contra o único procesado, M.J.V.C., “porque non hai indicios suficientes para destruír a presunción de inocencia”.

Nesta quinta e última xornada do xuízo na Audiencia Provincial de Lugo, tanto a defensa como a acusación particular e a Fiscalía elevaron as súas conclusións provisionais a definitivas, que se mantiveron como nun primeiro momento.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...