InicioSucesosUn policía fóra de servizo detén un home tras un roubo con...

Un policía fóra de servizo detén un home tras un roubo con agresión a un transeúnte en Lugo

O roubo produciuse polo método do 'mataleón', que consiste en agarrar á vítima polo pescozo, desde as costas, e rodearlle a garganta co brazo para inmobilizalo por perda de osíxeno

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun atraco a un transeúnte, ao que agarrou polo pescozo para inmobilizalo e roubarlle a carteira, despois de que un axente fose de servizo iniciase a persecución.

Segundo relata o corpo, ocorreu entre as rúas Río Eo e Río Ser a última hora da tarde do martes, cando este policía circulaba co seu coche particular e escoitou a unha persoa pedir auxilio. Comprobou que xa estaba a ser atendida por outro transeúnte e que dous homes saíran fuxindo do lugar, polo que decidiu perseguilos co seu vehículo.

O roubo produciuse polo método do ‘mataleón’, un sistema de inmovilización que consiste en agarrar á vítima polo pescozo, desde as costas, e rodearlle a garganta co brazo para inmobilizalo por perda de osíxeno. Trátase dunha manobra que a Policía advirte que “é moi perigosa” porque pode causar “lesións moi graves e mesmo a morte”.

Cando chegou a unha zona de aparcadoiro, o axente deixou o coche e seguiu a persecución a pé polas rúas adxacentes. Nese momento, xa se uniron as dotacións policiais que si estaban de servizo.

Finalmente, o presunto autor do atraco foi rodeado e detido, tras o cal foi dirixido a Comisaría. Intervéuselle a carteira da vítima con todas as súas pertenzas.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...