InicioSucesosFeridas tres persoas nunha colisión na A-6 en Lugo

Feridas tres persoas nunha colisión na A-6 en Lugo

Tamén houbo outra colisión en Porto do Son

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste martes nunha colisión rexistrada na autovía A-6, ao seu paso pola cidade de Lugo. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o accidente de tráfico tivo lugar despois das 9,00 horas desta mañá, cando dous turismos chocaron por alcance na A-6, ao seu paso pola parroquia de Muxa.

Ata a zona foron desprazados efectivos dos Bombeiros da cidade, que tiveron que liberar a un dos feridos, que quedara atrapado no seu turismo. Tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, así como persoal sanitario do 061, que atendeu a tres feridos.

PORTO DO SON

Por outra banda, o 112 tivo coñecemento este martes doutra colisión, esta vez no municipio coruñés de Porto do Son, no que se viron implicados un coche e un camión. Tivo lugar na estrada AC-550, ao seu paso por Goiáns, e no suceso resultou ferida unha persoa.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...