InicioLugo e contornaLugoInterceptado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico con sillín sen permiso...

Interceptado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico con sillín sen permiso de ciclomotor de dúas rodas

Os policías comprobaron que o condutor non dispuña de permiso de condución da clase AM, polo que trasladaron a dependencias da Unidade de Atestados do corpo municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na tarde do venres un patinete eléctrico con sillín, que responde á categoría de ciclomotor de dúas rodas, cuxo condutor carecía do permiso para conducilo.

Eran sobre as 18,30 horas cando unha patrulla da Policía de Barrio detectaba pola avenida da Coruña este vehículo. Os axentes comprobaron que pola súa configuración –altura do sillín, sen pedais e potencia do motor– pertencería á categoría L1.eB, é dicir, aos ciclomotores de dúas rodas.

Os policías comprobaron que o condutor non dispuña de permiso de condución da clase AM, polo que trasladaron a dependencias da Unidade de Atestados do corpo municipal, onde se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. O patinete quedou inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...