InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo aproba o seu plan anual de contratación por...

A Deputación de Lugo aproba o seu plan anual de contratación por unha estimación de case 30 millóns de euros

A edición de 2023 do programa 'Coñece a túa provincia' ofertará máis de 3.000 prazas a partir de marzo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde este venres ao seu plan anual de contratación para este exercicio económico de 2023, por unha estimación de case 30 millóns de euros.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, explicou en rolda de prensa que “se trata dun documento de obrigada elaboración, segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público, que o que fai é unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, de subministración e obras que se van a desenvolver desde a institución provincial”.

A continuación, profundou en que “é un documento de traballo que reflicte a capacidade de planificación, de xestión e transparencia que ten este goberno”. Con todo, puntualizou que a cifra de 30 millóns de euros “é estimativa”.

‘COÑECE A TÚA PROVINCIA’

Ademais, a xunta de goberno aprobou a listaxe de entidades admitidas na terceira edición do programa ‘Coñece a túa provincia’, que se promove desde a área de Turismo con dúas quendas, na primavera e outono.

No devandito programa “de viaxes gratuítas por toda a provincia de Lugo”, que nace en 2021 e xa vai pola súa terceira edición, participaron xa 4.500 persoas, nas dúas anteriores. Xa para este ano son 3.036 as prazas ofertadas nestas viaxes que arrincarán en marzo, na quenda de primavera, e xa en outubro para o outono.

Así mesmo, a reunión semanal do goberno da Deputación acordou destinar 1,6 millóns de euros para a mellora da rede provincial de estradas de Lugo, con actuacións nos concellos de Baleira, O Saviñao, A Fonsagrada, Chantada e Carballedo.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...