InicioSucesosLocalizado en Lugo un condutor que fuxira despois de bater co...

Localizado en Lugo un condutor que fuxira despois de bater co coche o can dunha familia

Foi localizado no seu domicilio e, nun primeiro momento, asegurou que non movera o vehículo en toda a mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou este luns a un condutor tras golpear ao can dunha familia co coche e continuar a marcha, a pesar das queixas de varias das testemuñas, nun paso de peóns.

Segundo informa o Concello de Lugo no parte de incidencias, ocorreu sobre as 15,00 da tarde do martes. Sobre esa hora, un equipo de Atestado do corpo municipal tomou declaración a unha persoa que interpuxo unha denuncia por un atropelo na rúa Lamas de Prado.

O denunciante explicou que momentos antes, cando estaba en compañía do seu fillo e o seu can, un cachorro, cruzando un paso de peóns, o vehículo golpeou ao can á altura da cabeza este comezou a vomitar. Por sorte, si logrou apartar ao seu fillo cun movemento rápido.

De acordo con este relato, o coche fixo o simulacro de frear, pero continuou a marcha a pesar de que varias testemuñas lle proferiron berros.

Unha vez a Policía Local tomou declaración a esta persoa, iniciouse unha investigación para identificar o condutor.  Foi localizado no seu domicilio e, nun primeiro momento, asegurou que non movera o vehículo en toda a mañá.

Con todo, ante o interrogatorio dos axentes, recoñeceu que si circulara e que era consciente dos feitos denunciados, pero que continuara a marcha ao ver que ninguén había resultado ferido.

Tal e como indica o Concello, o can foi levado ao veterinario e achegouse ao atestado do suceso o correspondente informe das lesións sufridas para a instrución das dilixencias.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...