InicioPolíticaA Deputación de Lugo pídelle á Xunta axudas para facer fronte aos...

A Deputación de Lugo pídelle á Xunta axudas para facer fronte aos danos dos temporais

"cando hai temporais que causan danos nos concellos, é a Xunta a que debe de saír en axuda deses concellos", di Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo sacou adiante unha moción, do goberno de socialistas e nacionalistas, para reclamar á Xunta de Galicia unha liña de axudas para que os concellos poidan facer fronte aos danos ocasionados polos temporais.

O presidente, o socialista José Tomé, precisou que, con isto, búscase que “a Xunta asuma as súas responsabilidades e as súas competencias”, xa que “cando hai temporais que causan danos nos concellos, é a Xunta a que debe de saír en axuda deses concellos”.

Antes de entrar ao pleno, Tomé afeou que “o que non vale é que todas as administracións estean ao mesmo nivel, porque non todos dispoñen dos mesmos medios, nin das mesmas competencias, nin as mesmas responsabilidades”.

O presidente da Deputación pediu ao PP que “deixe de despistar as responsabilidades, e que lle diga ao Goberno galego que asuma as súas competencias e axude aos concellos afectados polas riadas.Sobre os municipios afectados polos temporais, Tomé sinalou que “basicamente” se concentran na zona da Terra Chá.

“QUE SE APLIQUE A LEI”

Os seus socios de goberno, por medio do portavoz nacionalista Efrén Castro asegurou que se trata dunha “moción lóxica, e na Lei de Galicia está o dos desastres naturais, e todos viron as consecuencias que tiveron os temporais en moitos puntos da provincia e vemos os gastos que tiveron que asumir os concellos e os que tivo que asumir a Deputación”. “Só queremos que se aplique a lei e a Xunta colabore neses gastos que sempre teñen que asumir as corporacións locais”, indicou.

Xa desde o PP, o seu portavoz Javier Castiñeira, condicionaba o seu respaldo a unha emenda pola que se pretende conseguir axudas “de todas as administracións, da Xunta, do Estado e da Deputación de Lugo”.

No mesmo pleno provincial aprobouse tamén unha moción de apoio á manifestación do 12 de febreiro, en apoio á Sanidade Pública, en Compostela.

ÚLTIMAS

Daveiga: un proxecto de economía social que fomenta o emprendemento dende o rural

Lugar da Veiga S.L.L., fiel ao seu modelo de xestión empresarial responsable, promove dende...

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...