InicioSucesosSorprenden a un mozo roubando roupa no centro As Termas de Lugo

Sorprenden a un mozo roubando roupa no centro As Termas de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo foi sorprendido no centro comercial ‘As Termas’ de Lugo roubando unha peza de roupa, que foi recuperada ao momento, segundo infoma a Policía Local.

Ao redor das 11,25 horas, a Policía Local desprazouse ao citado centro comercial ante a alerta de que se produciu un furto. Á súa chegada, comprobaron que os vixiantes de seguridade estaban a custodiar ao presunto autor.

Por outra banda, axentes da Policía Local levaron a cabo unha intervención ese mesmo día, sobre as 11,15 horas, pola caída dunha árbore nunha pista sen asfaltar no lugar de Corvelle. Ao lugar, desprazáronse tamén os bombeiros.

Outra patrulla, sobre as 17,20 horas do mesmo día, desprazouse a un edificio da rúa Anduriñas pola caída dunha chapa metálica dun tellado.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...