InicioPolíticaO PP de Lugo preguntará á alcaldesa por que se entregaron agasallos...

O PP de Lugo preguntará á alcaldesa por que se entregaron agasallos institucionais do Concello nun acto privado

"Pedimos explicacións de por que se deron durante esa cea con veciños os agasallos de merchandising municipal que se reservan para recepcións ou compromisos municipais", reivindicaron desde o PP de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo rexistrará preguntas en comisión para que o goberno local aclare os motivos polos que supostamente se repartiron agasallos institucionais, nunha bolsa co logotipo do Concello, durante unha “cea privada” á que asistiu o pasado martes, 17 de xaneiro, a alcaldesa, Lara Méndez.

Nun comunicado, os ‘populares’ solicitaron explicacións a Méndez, despois de que ela mesma declarase que “o outro día foi a unha cea e houbo xente que lle mostrou o seu apoio como alcaldesa”.

“Pedimos explicacións de por que se deron durante esa cea con veciños os agasallos de merchandising municipal que se reservan para recepcións ou compromisos municipais”, reivindicaron desde o PP de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...