InicioSociedadeA sentenza de abusos sexuais en Baleira recolle o pacto por dilacións...

A sentenza de abusos sexuais en Baleira recolle o pacto por dilacións e “resarcimiento” á vítima

Foi tras o pago de 49.999,99 euros á vítima --20.930,30 euros un dos delincuentes e 14.534,88 cada un dos outros dous sentenciados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sentenza do caso de abusos sexuais continuados a unha menor de 16 anos en Baleira (Lugo), cando tiña entre 7 e 13 anos, recolle o pacto alcanzado pola Fiscalía baseado en dilacións indebidas, que “non son imputables a ningún dos acusados” na instrución do procedemento.

Ademais, inclúen o “resarcimento” á vítima, polo pago de 49.999,99 euros á vítima –20.930,30 euros un dos delincuentes e 14.534,88 cada un dos outros dous sentenciados–, que chegou a quedar embarazada en dúas ocasións e que –segundo figura na sentenza– deu a luz con 13 anos un bebé que foi entregado en adopción.

As tres persoas sentenciadas correspóndense coa irmá maior da vítima, a súa parella (cuñado da vítima) e o irmán da parella da súa irmá (o irmán do seu cuñado), que foi o que abusou dela as primeiras veces, segundo consta recoñecido.

Nas súas conclusións provisionais, a defensa dos acusados negou e rebateu os escritos de acusación iniciais, que pedían 11 anos de prisión. Así, solicitou tamén a libre absolución dos procesados. Con todo, finalmente aceptaron tres anos de cárcere e pagar as mencionadas contías de responsabilidade civil, o que implica o recoñecemento dos feitos e o que lles supuxo unha rebaixa da pena, xunto coas dilacións indebidas e o satisfacer a contía de indemnización.

A menor de idade foi abusada sexualmente por dous irmáns, uns abusos que chegaron a coincidir no tempo desde que a nena cumpriu 11 anos e quedou embaraza a primeira vez. Segundo consta na sentenza, a irmá da vítima “insistiu ata chegar a convencela” de que tivese relacións sexuais co seu cuñado.

Como consecuencia das violacións, a menor quedou embarazada con 13 anos de idade, dando a luz en abril de 2016 a un bebé ao que se lle fixo unha proba de filiación, sendo fillo do esposo da súa irmán. “A menor levou adiante o embarazo en total soidade, dando a luz sen apoio familiar e entregando ao menor en adopción”, recolle a sentenza, que engade que nese momento a adolescente deixou de vivir fóra da súa contorna familiar.

Os tres procesados foron condenados como autores dun delito de abuso sexual continuado a menor de 16 anos e impúxoselles tres anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante ese tempo. Tamén teñen prohibido achegarse á vítima a menos de 500 metros e prohibido comunicarse con ela por calquera medio durante seis anos. Ademais, impónselle a medida de liberdade vixiada, a executar con posterioridade á pena de prisión, por cinco anos máis.

CONCENTRACIÓN O SÁBADO

O pasado sábado, máis dun centenar de persoas manifestáronse en Baleira para expresar a súa repulsa polo caso da nena que sufriu as violacións nun acto fronte á sede do concello, situado na localidade do Cádavo.

A ela achegáronse residentes en Baleira pero tamén doutras zonas dos arredores para expresar a súa “rabia” e “indignación” ante uns feitos que eran “totalmente descoñecidos” para os veciños, en palabras do rexedor do municipio, Ángel Martínez. Ao termo da concentración, convocada por todas as forzas con presenza na corporación de Baleira e que transcorreu en silencio, leuse un manifesto no que se reclamou “xustiza” para esta menor.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...