InicioEconomíaA Deputación de Lugo aposta en Fitur polo turismo cultural "non masificado"

A Deputación de Lugo aposta en Fitur polo turismo cultural “non masificado”

Na presentación, o presidente provincial, José Tomé Roca, destacou a importancia de dispor dun modelo turístico "sustentable" que fomente o respecto ao medio ambiente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo apostou este xoves por un proxecto turístico cultural e paisaxístico “non masificado” mostrando o románico da provincia na súa participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que leva a cabo esta semana en Madrid.

Na presentación, o presidente provincial, José Tomé Roca, destacou a importancia de dispor dun modelo turístico “sustentable” que fomente o respecto ao medio ambiente conxugado coa posta en valor do patrimonio cultural do que dispón Lugo.

O fío condutor do proxecto lucense presentado en Fitur son os monumentos románicos da provincia, sendo unha das rexións europeas con máis concentración deste tipo de elementos.

“Apostamos por un turismo non masificado, personalizado, onde cada un pode facer as súas rutas turísticas, elixindo os templos, os mosteiros que quere visitar”, subliñou Tomé Roca.

Neste sentido, lembrou que a Deputación facilitou ” o labor” dos visitantes coa posta en marcha de diferentes rutas románicas e guías actualizadas de patrimonio.

RUTA TRANSROMÁNICA EUROPEA

O presidente tamén quixo mostrar o seu orgullo por conseguir que a provincia entrase na Ruta Transrománica Europea, un recoñecemento do Consello de Europa que converte a Lugo no primeiro territorio de Galicia e o terceiro de toda España en formar parte desta iniciativa.

Na presentación da Deputación de Lugo participou o actor Chechu Salgado, natural de Sober e que foi distinguido co Goya ao Mellor Actor Revelación no 2022.

El subliñou a provincia como un “lugar inspirador” onde calquera artista pode atopar inspiración para a súa obra. Tamén indicou a idoneidade de Lugo como estudio de cinema.

Precisamente Salgado foi o protagonista do vídeo que a Deputación preparou para Fitur, onde se percorre parte dos innumerables monumentos románicos dos que dispón Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...