InicioPolíticaO BNG reclama á Xunta explicar o "colapso" en urxencias do hospital...

O BNG reclama á Xunta explicar o “colapso” en urxencias do hospital de Lugo

"Cremos que é indecente e é unha mostra de como se atopa a sanidade pública galega debido ao colapso da Atención Primaria", lamentou a deputada do BNG, Olalla Rodil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para pedir á Xunta explicacións ante o “colapso” das urxencias do Hospital Universitario de Lucus Augusti de Lugo.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, a deputada Olalla Rodil criticou que nun centro “novo” víronse persoas amontoadas nos corredores á espera dunha cama dispoñible.

“Cremos que é indecente e é unha mostra de como se atopa a sanidade pública galega debido ao colapso da Atención Primaria”, lamentou Rodil, engadindo que moitas persoas ven obrigadas a acudir a urxencias ante a falta de médicos nos centros de saúde e nos Puntos de Atención Continuada (PAC).

Por iso, insistiu na necesidade de “blindar” a sanidade pública e de reforzar a atención primaria tras anos de “recortes” levados a cabo polo Partido Popular.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...