InicioSociedadeO TSXG non paralizará o expediente da Seguridade Social de Lugo sobre...

O TSXG non paralizará o expediente da Seguridade Social de Lugo sobre a cotización dos repartidores de Glovo

O tribunal asegura que "non se aprecia" que a Administración "actuase fóra da súa competencia ou á marxe do procedemento legalmente establecido".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a medida cautelar solicitada pola empresa Glovo na que pedía que se paralizase a tramitación do expediente relativo aos dereitos de cotización dos traballadores ou colaboradores de repartición que tramita a unidade especializada da Seguridade Social da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo.

A compañía alegaba “a existencia de irregularidades procedimentais”, das cales derivaría a nulidade dese expediente.

Segundo consta no auto do TSXG, puxo de manifesto que se están tramitando procedementos análogos en 37 provincias, polo que considera que a unidade inspectora carece de competencia, a cal, segundo Glovo, debería recaer na Dirección Especial da Inspección de Traballo e Seguridade Social, de ámbito estatal.

Os maxistrados indican na resolución que a Seguridade Social explicou que “non hai normativa legal nin regulamentaria de onde se poida deducir a obrigatoriedade de que as actuacións inspectoras sobre empresas supraautonómicas deban necesariamente subsumirse pola Dirección Especial de Inspección en todos os casos”.

A sección segunda da sala do contencioso-administrativo do TSXG rexeita no auto as alegacións da empresa. Destaca que “non se evidencia a produción de danos irreparables, que en calquera caso serían indemnizables pola Administración” en caso de prosperar a demanda de Glovo.

Ademais, o tribunal asegura que “non se aprecia” que a Administración “actuase fóra da súa competencia ou á marxe do procedemento legalmente establecido”.

“Habemos de partir de que se está recorrendo o que a parte demandante considera unha vía de feito, é dicir, unha actuación material da Administración”, advirte o TSXG, e subliña que o que Glovo pretende é “que se paralice a tramitación dun procedemento que non culminou e cuxo resultado se descoñece”. Contra o auto cabe presentar recurso.

ÚLTIMAS

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...

Buscan a un condutor fuxido en Lugo tras saírse da estrada e acabar encaixado contra un sinal

A Policía Local de Lugo busca a un condutor que se deu á fuga tras...

Fuxan vos Ventos dará un concerto no Auditorio de Lugo, ao que dá nome

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que Fuxan os Ventos...