InicioSociedadeOs acusados de abusar reiteradamente dunha nena en Baleira aceptan os feitos...

Os acusados de abusar reiteradamente dunha nena en Baleira aceptan os feitos e cumprirán tres anos de cárcere

Son dous homes, autores dos abusos, e unha muller, condenada como indutora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes e unha muller aceptaron este martes tres anos de prisión por abusar sexualmente de maneira continuada dunha nena, irmá dela, desde os 7 aos 13 anos, uns feitos ocorridos no concello lucense de Baleira.

Ante o tribunal da Audiencia Provincial de Lugo, os acusados recoñeceron os feitos, que sucedían habitualmente no domicilio familiar dos procesados, dous irmáns e a muller dun deles. En virtude deste acordo, aceptaron tres anos de prisión eles como autores materiais das agresións e ela como indutora.

O fiscal pedía inicialmente once anos de cárcere para cada un, pero rebaixou a súa petición a tres anos tras recoñecer as atenuantes de dilacións indebidas e reparación do dano. En concreto, tívose en conta que a causa leva paralizada desde 2016 e que os acusados xa indemnizaron á vítima con 50.000 euros.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...