InicioLugo e contornaLugoDescubertos novos danos no Auditorio de Lugo o que obriga a impermeabilizar...

Descubertos novos danos no Auditorio de Lugo o que obriga a impermeabilizar os patios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, di que "se lle pasará a factura á Xunta", xa que "non están dispostos a que os lucenses paguen dúas veces por esta dotación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou este luns que as obras do Auditorio comezarán pola impermeabilización dos patios, onde se detectaron novos defectos ocultos da construción.

Segundo trasladou o Concello nun comunicado, xa se levaron a cabo os selados iniciais que precisa o inmoble. Así, Méndez, na súa visita ás instalacións este luns, indicou que “precisamente na realización destes primeiros traballos os operarios detectaron novos vicios ocultos da edificación”.

Nesta liña, indicou que “se lle pasará a factura á Xunta”, xa que “non están dispostos a que os lucenses teñan que pagar dúas veces por esta dotación”. Estes traballos terán un custo para as arcas municipais de 287.955 euros.

Nesta liña, a concelleira de Gobernación, Paula Alvarellos, lembrou que a que a empresa adxudicataria disporá dun prazo de catro meses para levar a cabo intervencións que abarcarán tanto as patoloxías estruturais exteriores como as interiores que afectan o inmoble.

Así mesmo, subliñou que, durante o acto de recepción, o Goberno local tentou entregar ao ente autonómico os informes dos técnicos municipais onde daban conta dos fallos advertidos nas dúas únicas visitas realizadas previamente.

Ademais, a edil de Gobernación aclarou que quedarán para unha segunda fase os traballos correspondentes á urbanización exterior do Auditorio, dentro dos que se inclúen máis aló do axardinamento da parcela e a modificación dos accesos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...