InicioSociedadeSuspendido o transporte escolar este martes nas zonas de montaña polo temporal,...

Suspendido o transporte escolar este martes nas zonas de montaña polo temporal, que traerá consigo nevadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta decidiu suspender o transporte escolar este martes nas zonas de montaña de Lugo e Ourense onde están previsto que se produzan nevadas.

Ademais, tampouco haberá servizo no horario de tarde en zonas do interior da Coruña e Pontevedra, o centro e sur de Lugo, o noroeste e sur de Ourense e a comarca de Valdeorras.

Así o acordou a Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Educación, que realizará un seguimento da evolución das condicións climáticas durante este martes, con especial atención ao que ocorra no sur e sueste da provincia de Ourense, onde poderían tomarse medidas adicionais.

Ademais, tamén se suspenden ata as 12.00 horas do martes as actividades que se realicen no exterior nos centros educativos da Mariña luguesa e o noroeste da Coruña.

Así mesmo, Educación dá liberdade aos directores de centros educativos para que adopten as decisións que consideren oportunas sobre a realización de actividades extraescolares ou que leven a cabo no exterior no caso de que “as circunstancias da localidade onde se atopa supuxesen un risco superior ao declarado”.

Así as cousas, a Administración autonómica apela a extremar as condicións de seguridade e de circulación do transporte escolar con seguimento das condicións climáticas que afectarán a Galicia este martes.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...