InicioSucesosDetido en Lugo un home por unha agresión que provocou graves lesións...

Detido en Lugo un home por unha agresión que provocou graves lesións nun ollo a un mozo

Os feitos ocorreron durante a madrugada do sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo a un home de 19 anos pola agresión a un mozo na praza do Campo de Lugo que tivo que ser atendido de urxencia debido á gravidade das lesións que tiña nun ollo.

A Policía recibiu unha chamada ao 091 na madrugada do pasado sábado que alertaba destes feitos, e dirixíronse inmediatamente á zona de lecer da Praza do Campo, onde observan como un mozo está no chan ferido de gravidade.

Alí, prestáronselle os primeiros auxilios, á vez que se solicitou a presenza dunha ambulancia, que o traslada de inmediato ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) debido á gravidade das feridas que presentaba, principalmente nun dos seus ollos.

En compañía da vítima estaban varias testemuñas que relataron ás autoridades que varios mozos, dous homes e unha muller, foran os autores da agresión á vítima, así como a outro que tratou de impedila. Este outro individuo estaba tamén no lugar dos feitos, presentando feridas de menor consideración.

Cos datos achegados polas testemuñas, a Policía Nacional de Lugo estableceu un dispositivo co obxectivo de dar cos presuntos agresores.

As autoridades interceptaron minutos máis tarde a dous individuos cuxas características coinciden cos agresores e procederon á detención e traslado a dependencias policiais dun deles, un home de 19 anos.

Mentres, o segundo detido, menor de idade, foi trasladado á comisaría para a súa identificación e é entregado posteriormente aos seus titores legais.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...