InicioPolíticaA enxeñeira Sonia Teijeiro será a candidata á Alcaldía en Lugo de...

A enxeñeira Sonia Teijeiro será a candidata á Alcaldía en Lugo de Vox

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vox informou este venres de que o seu Comité Executivo Nacional designou a Sonia Teijeiro como candidata da formación á Alcaldía da cidade nos comicios municipais do próximo mes de maio.

Formada en enxeñaría técnica Forestal e superior de Montes, ten unha ampla experiencia no seu sector. Ademais, xa foi candidata á Alcaldía da urbe en anteriores ocasións e, nas eleccións autonómicas de 2020 encabezou a lista lucense ao Parlamento galego.

Vox destaca o seu papel “moi activo” dentro da formación que dirixe Santiago Abascal e que “non parou de percorrer a súa cidade para coñecer os problemas dos veciños”.

Agora, engade a formación asume con “responsabilidade e ilusión” este novo encargo de Vox para “dar voz aos veciños da cidade”.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...