InicioSociedadeAvogados de Lugo denuncian atrasos de ata un ano na sección civil...

Avogados de Lugo denuncian atrasos de ata un ano na sección civil da Audiencia Provincial

Revelou que "hai moitos recursos de apelación" que "están pendentes de sentenza desde hai un ano".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os avogados de Lugo denunciaron atrasos de ata un ano na sección civil da Audiencia Provincial, tanto é así que “hai moitos recursos de apelación que están pendentes de sentenza”.

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, constatou que agora “os problemas” céntranse “na sección civil da Audiencia Provincial”. “Non sabemos os motivos, si é por falta dunha presidencia efectiva por estes movementos no Consello Xeral do Poder Xudicial que non se nomea un titular (na Audiencia de Lugo). Está accidentalmente unha presidenta, e a pesar de que están todas as prazas ocupadas hai un atraso importante”, lamentou.

Mondelo revelou que “hai moitos recursos de apelación”, na devandita sección civil da Audiencia Provincial de Lugo, que “están pendentes de sentenza desde hai un ano”.

“A sección penal da Audiencia funciona como un tiro, funciona moi ben, pero coa sala civil estamos a ter moitos problemas”, reiterou o decano dos avogados lucenses.

Do resto, Félix Mondelo celebrou que “agora practicamente a planta xudicial está bastante ben aquilatada” en Lugo, “co novo xulgado de primeira instancia, agora hai catro do social, tres de instrución e dúas de penal”. No entanto, a pesar deste “bo” funcionamento destes xulgados “algún pode ter algún atraso”, conclúe o letrado lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...