InicioPolíticaElena Candia critica "o Lugo de dúas velocidades de Lara Méndez"

Elena Candia critica “o Lugo de dúas velocidades de Lara Méndez”

Segundo o seu xuízo, os veciños de Fervedoria e do Sacro Corazón quéixanse do "abandono" que sofren

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, criticou o “Lugo de dúas velocidades de Lara Méndez”, xa que, ao seu xuízo, prioriza o barrio multiecológico e abandona outras zonas como o Sacro Corazón.

Candia insistiu en que é urxente dignificar o acceso a Lugo pola Fervedoira, unha actuación “moi necesaria”, entre outros motivos, “por seguridade para os veciños” e “por imaxe”.

Nunha reunión cos veciños no marco do os encontros abertos #ObxectivoLugo, segundo destacou o PP, os veciños sinalaron que esta intervención “non se pode demorar máis tempo” porque o acceso pola Fervedoira “desemboca nas inmediacións da que será a futura estación intermodal” e, ademais, aseguraron que entraña “un risco inxustificable para veciños, peóns e usuarios do transporte urbano”.

Outra queixa xeneralizada do Sacro Corazón, engadiron os populares, é o abandono que, na súa opinión, sofre o barrio. “Nos últimos anos abandonáronse moitas casas no barrio, houbo un peche xeneralizado de negocios e repítense de forma periódica episodios de okupacións”, insistiron.

Por outra banda, veciños do barrio tamén mostraron “un gran descontento pola inacción do goberno local” respecto ao “desbloqueo da construción dun novo Centro de Saúde”.

Ademais, criticaron a “falta de mantemento e de limpeza na zona” e, en especial, no Parque do Sacro Corazón, onde tamén reclamaron “máis árbores e un muro de seguridade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...