InicioSociedadeVentos de máis de 130 quilómetros por hora en puntos da costa...

Ventos de máis de 130 quilómetros por hora en puntos da costa e o interior de Lugo

Os valores máximos da xornada alcanzáronse ao redor das 14,30 horas deste venres en Muras, con 140 quilómetros, e en Viveiro, onde os medidores de Meteogalicia captaron refachos de 133,1 km/h.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Puntos da costa e do interior de Lugo rexistraron refachos de vento de máis de 130 quilómetros por hora este venres, no que Galicia permanece en alerta por temporal tanto no litoral como o interior da comunidade.

Os valores máximos da xornada alcanzáronse ao redor das 14,30 horas deste venres en Muras, con 140 quilómetros, e en Viveiro, onde os medidores de Meteogalicia captaron refachos de 133,1 km/h.

O vento deixouse notar en gran parte da comunidade, con varias zonas nas que soprou por encima dos 100 quilómetros hora como A Pontenova, Carballeda de Valdeorras ou Cedeira.

En canto ás precipitacións, o punto máis chuvioso deste venres é, ata o momento, o concello ourensán de Entrimo, onde caeron 61,3 litros por metro cadrado.

En Forcarei foron 40,5 l/m2 de choiva e na capital, Santiago de Compostela, os medidores instalados en San Lázaro recolleron 39 l/m2.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...