InicioSucesosA Policía Local de Lugo abre expediente sancionador a nove condutores por...

A Policía Local de Lugo abre expediente sancionador a nove condutores por dar positivo en alcol

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo abriu expediente sancionador a nove condutores que deron positivo en alcol entre a noite do venres 23 á do sábado 24, segundo recolle o parte de incidencias. Deles, cinco casos localizáronse na praza de Bretaña, abríndose expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir a cada un deles.

Na mesma praza, detectáronse outros dous positivos, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, ademais de inmobilizar os coches.

A un deles, abríuselle expediente por falta de respecto e consideración aos axente da autoridade. No outro caso, foi denunciado por condución temeraria xa que, para tentar eludir o control, circulou marcha atrás con risco para o resto de usuarios.

Xa na tarde do día 25, un equipo de atestados desprazouse á rúa Eufrasio por unha colisión cando un turismo estaba detido para realizar un cambio de dirección e foi alcanzado por outro vehículo que, ao accionar o freo, deslizouse como consecuencia da choiva. Unha muller resultou lesionada e foi trasladada a un centro médico.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...