InicioSociedadeA Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de viaxes...

A Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de viaxes gratuítas ‘Coñece a túa provincia’

Ofertará un máximo de 3.036 prazas repartidas en dous períodos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este xoves as bases para poder lanzar en 2023 a terceira edición do programa de viaxes gratuítas ‘Coñece a túa provincia’.

A portavoz socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que a institución provincial prepara unha nova convocatoria “ante o enorme éxito que tiveron as dúas edicións anteriores, nas que participaron máis de 4.500 persoas”.

Este programa diríxese a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dun día de duración, por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.

Nas bases aprobadas para a edición de 2023 recóllese que a Deputación ofertará un máximo de 3.036 prazas repartidas en dous períodos: un na primavera, entre marzo e xuño (con 1.794 prazas), e outro no outono, entre setembro e decembro (1.242 prazas).

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

CONVENIOS DE COLABORACIÓN E PLAN ÚNICO

Doutra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou seis convenios de colaboración con diferentes municipios e entidades da provincia por un importe conxunto de case de 340.000 euros e que axudarán a dotar de máis e mellores servizos aos veciños da provincia.

No que respecta ao Plan Único, aprobouse a solicitude do Concello de Barreiros de destinar remanentes do Plan Único de 2022 por un importe de 21.500 euros para unha nova actuación, que consiste na pavimentación de accesos entre a escola de Vilamartín Pequeno e Currás.

Outro dos asuntos aprobados foi a prorrogación durante 2023 o encargo da Deputación de Lugo á empresa pública Tragsa, que é medio propio da institución, para o mantemento das zonas verdes de titularidade provincial. O importe do encargo de xaneiro a decembro de 2023 é de 850.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...