InicioSucesosDetido en Lugo un home por usurpar a identidade doutra persoa para...

Detido en Lugo un home por usurpar a identidade doutra persoa para poder facer uso de plataformas de pago

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da comisaría provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa propiedade, detiveron durante a mañá deste mércores a un home de mediana idade por estafa e usurpación do estado civil. Segundo informaron fontes policiais, os afectados denunciaron os feitos a pasada semana nas dependencias da Policía Nacional, en Lugo.

Ao home, que tamén está a ser investigado por un presunto uso irregular da vivenda, acúsaselle do uso fraudulento da identidade do titular dunha liña telefónica que modificou, utilizando os datos do propietario, para facer uso de varias plataformas de pago e adquirir un aparello electrónico valorado en máis de 400 euros. Por iso, ao home tamén se lle imputa un delito de estafa.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...