InicioDeportesLugo, 'casa' de Jorge Prado, acollerá o Campionato de España de Motocrós...

Lugo, ‘casa’ de Jorge Prado, acollerá o Campionato de España de Motocrós a finais de febreiro

As entradas, ata antes do 31 de xaneiro, custarán 20 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá os días 25 e 26 de febreiro de 2023 a próxima edición do Campionato de España de Motocrós, un lugar especial para Jorge Prado, natural da cidade amurallada e que agora espera brillar na pista que o Concello de Lugo e o Club Moto Park Lugo construíron e que leva o seu nome, confirmaron este martes desde a empresa organizadora ‘Last Lap’.

A Real Federación Española de Motociclismo optou finalmente pola candidatura presentada pola Federación Galega, o que permitirá o regreso varios anos despois do mellor motocrós nacional á comunidade autónoma que conta, ademais de con Prado, tricampión mundial, con outros nomes relevantes como Rubén Fernández e Yago Martínez, e co apoio organizativo do Club Moto Park Lugo e de ‘Last Lap’, organizadora da cita do Mundial que acolle Arroyomolinos (Madrid), e o económico do Concello e Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

“Xa puiden gozar da calidade da pista durante o evento de inauguración e estou a contar os días para que chegue a carreira. Para min será unha oportunidade única de correr coa calor da miña xente e doutra banda virame moi ben como último ensaio antes do comezo do Mundial”, celebrou Jorge Prado.

O sábado 25 celebraranse os adestramentos e as mangas clasificatorias de todas as categorías e a primeira oficial de 125 cc, mentres que o domingo 26 realizaranse as mangas de MX2 e MX1 e a segunda de 125 cc.

O comité organizador deste Campionato de España iniciou xa os traballos para habilitar o circuíto para unha proba deste nivel, para a que debe transformar algún tramo para gañar espectacularidade e seguridade, e tamén prepararse para recibir aos miles de afeccionados e aos equipos participantes. As entradas, ata antes do 31 de xaneiro, custarán 20 euros, cinco máis a partir desa data, e pódense adquirir ‘en liña’ na web oficial ‘www.mxlugo.com’.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...