InicioSucesosPillan por segunda vez en tres meses a un condutor que circulaba...

Pillan por segunda vez en tres meses a un condutor que circulaba sen carné nin ITV en Lugo

Por outra banda, os axentes detectaron que nun local de lecer nocturno estaban a levarse a cabo obras, sen ningún tipo de autorización

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla camuflada da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectou este luns, na avenida da Coruña, un condutor que circulaba sen carné, por perder todos os puntos, e que xa fora detectado conducindo nesta situación o pasado 9 de outubro.

Ademais, segundo trasladou a Policía Local nun comunicado, o vehículo do veciño da localidade, de 44 anos, carecía de ITV. Así, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e procedeuse á inmovilización do vehículo.

Por outra banda, os axentes detectaron que un local de lecer nocturno, situado en cálea Catedral e que estaba precintado, estaban a levarse a cabo obras, sen ningún tipo de autorización por parte da Autoridade competente.

Deste xeito, procederon á identificación da responsable e levantaron unha acta de denuncia por infracción moi grave á normativa de espectáculos públicos.

Ademais, sobre as 23,25 horas e as 1,30 horas da madrugada, os axentes tiveron que acudir a unha vivenda situada na rúa Río Navia e Portugal, respectivamente, ao recibir queixas dos veciños por un ruído excesivo. En ambos os casos, levantouse un parte por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...