InicioSociedadeA Policía Nacional de Lugo reforzará a súa actividade nos comercios durante...

A Policía Nacional de Lugo reforzará a súa actividade nos comercios durante a campaña de Nadal

Este Dispositivo, posto en marcha ata o nove de xaneiro, ten por obxecto proporcionar unha contorna segura ao comercio, que nestas datas ve incrementada a súa actividade comercial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo pon en marcha o ‘Plan Comercio Seguro’, mediante o que reforzará os dispositivos policiais, durante toda a campaña de Nadal, nas zonas comerciais e de entretemento nas que se dean grandes aglomeracións para mellorar a prevención de furtos e roubos.

Este Dispositivo, posto en marcha ata o nove de xaneiro, ten por obxecto proporcionar unha contorna segura ao comercio, que nestas datas ve incrementada a súa actividade comercial.

A presenza policial estará naqueles lugares da cidade de Lugo nos que se prevexa unha intensidade máis elevada da actividade comercial: centro comercial As Termas, zona Monumental, zonas de lecer, Ceao, Louzaneta, As Gándaras e polígonos industriais.

As Forzas de Seguridade do Estado anuncian tamén que interactuarán co resto de Corpos e a seguridade privada dos comercios, cos que se busca a colaboración inmediata e o intercambio de información para protexer aos cidadáns e vendedores de posibles feitos delituosos.

CONSELLOS PARA UN “COMERCIO SEGURO”

A interacción co cidadán tamén é un dos obxectivos desta iniciativa. Para isto a Policía Nacional de Lugo lanzou o nomeado como ‘Tríptico de Comercio’. Este, pretende trasladar á cidadanía diferentes consellos e medidas de seguridade á hora de “ir de compras”, así como a forma de actuar en caso de ser vítimas de roubo ou furto.

Na campaña deste ano a Policía tamén puxo o foco no comercio ‘en liña’. Neste sentido, achegan diferentes trucos para recoñecer se unha páxina web é segura e así evitar estafas ou o cobro de importes elevados nas compras por Internet.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...