InicioSociedadeA Federación Veciñal de Lugo avanza mobilizacións para reclamar á Xunta unha...

A Federación Veciñal de Lugo avanza mobilizacións para reclamar á Xunta unha unidade de ictus no HULA

Ve xustificada tanto polo número de casos como polas carácterísticas dunha provincia "envellecida" como Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, avanzou a convocatoria de mobilizacións para reclamar da Xunta unha unidade de ictus para o HULA.

Este mércores, Vázquez incidiu en que se trata dunha demanda de “anos” que ve xustificada tanto polo número de casos como polas carácterísticas dunha provincia “envellecida” como Lugo.

“O número de casos xustifícao, o tela completa e non só no momento en que se produce o ictus senón tamén polas atencións posteriores que requiren as persoas que o sufriron”, aseverou.

Vázquez recalcou que, unha vez conseguida “a permanencia” dun neurólogo as 24 horas durante a xornada, “hai cousas que faltan” como un neurorradiólogo para localizar o trombo cerebral, unha figura que cualifica como “básica”.

O representante veciñal asegurou que cada ano se contabilizan uns 1.500 casos de ictus na área de influencia do HULA, cifra que “xustifican” ter esta unidade.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...