InicioSociedadeMáis patrullas da Policía para ter un Nadal seguro en Lugo

Máis patrullas da Policía para ter un Nadal seguro en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

As rúas de Lugo contarán con máis axentes da Policía Nacional durante o Nadal debido á campaña ‘Comercio Seguro’, que organizou a propia Policía.

Este plan foi presentado este luns na tenda Josbe Fotografía, na rúa da Raíña, coa presenza da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a concelleira no concello de Lugo Ana González Abelleira e o comisario xefe, José María Esteban.

A subdelegada, Isabel Rodríguez, precisou que se trata da campaña de Nadal que organiza a Policía Nacional para que tanto os comerciantes como os clientes, nestas datas nas que se prevé máis actividade comercial, “estean máis seguros” e tamén “para a prevención de furtos”.

Deste xeito, haberá “un aumento da vixilancia policial, tanto de paisano como de uniforme para que comerciantes, visitantes e cidadáns de Lugo sentan máis seguros á hora de realizar as compras”.

Esta campaña estenderase ata o 8 de xaneiro e exponse, asegurou, “para dar máis seguridade e que ante calquera dúbida avísese á Policía para evitar furtos, roubos con intimidación ou calquera problema que poida xurdir”.

+ posts

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...