InicioSociedadePiden ata cinco anos de prisión para cinco acusados de vender droga...

Piden ata cinco anos de prisión para cinco acusados de vender droga en varios locais de Lugo

Ademáis, tamén piden de multas de ata 34.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará os próximos martes, mércores e venres, días 13, 14 e 16 de decembro, a cinco acusados de vender droga en varios locais situados na cidade de Lugo.

O caso procede do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo e para eles Fiscalía solicita entre 3 anos e oito meses e 5 anos de cárcere pola suposta comisión de delitos contra a saúde pública, ademais de multas de ata 34.000 euros.

Tal como recolle o Ministerio público no seu escrito, os feitos remóntanse a 2013, cando un dos acusados rexentaba dous establecementos en Lugo nos cales o seu fillo, a noiva de leste e outra persoa traballaban como empregados (todos eles agora acusados).

“Os acusados posuían conxuntamente diversas sustancias estupefacientes que gardaban nos establecementos e nos seus domicilios para distribuílas a terceiros e cuxa venda e distribución proporcionaba ganancias a todos eles”, asegura Fiscalía.

O quinto acusado, pola súa banda, sería a persoa encargada de fornecer cocaína e haxix para a súa comercialización en Lugo, sendo interceptado transportando máis de 20 quilos de droga no seu vehículo.

Por todo iso, Fiscalía solicita 3 anos e 8 meses de prisión para o catro acusados encargados da venda da droga, así como unha multa de 34.000 euros. Pola súa banda, pide 5 anos de cárcere para o subministrador das sustancias estupefacientes, ademais dunha multa de 4.500 euros.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...