InicioDeportesSen incidencias en Lugo nas celebracións da vitoria de Marrocos contra España...

Sen incidencias en Lugo nas celebracións da vitoria de Marrocos contra España no Mundial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comunidade marroquí afincada en Lugo, que supera os 2.000 cidadáns –segundo o INE–, boa parte deles oriúndos do barrio da Milagrosa, celebraron a vitoria da súa selección nacional contra o combinado de España no Mundial, o que lle supuxo o seu pase a oitavos de final por primeira vez na súa historia.

Un día despois da eliminación de España e destas celebracións, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, celebrou a ausencia de incidentes na cidade.

Así, constatou que a comunidade marroquí, do mesmo xeito que calquera outro club de fútbol, saíu a celebrar a vitoria e a “gozalo nas rúas”, como “fixeron onte” (por este martes). “Trátase dunha comunidade moi integrada na cidade, unha cidade moi plural, unha cidade multicultural e só queda felicitar á comunidade marroquípor ese éxito de pasar á seguinte rolda, que nós non puidemos (por España)”, subliñou.

Os magrebís na cidade de Lugo constitúen un dos colectivos máis numerosos, con 2.221 censados, segundo o Instituto Nacional de Estatística, nunha gran maioría residen no barrio da Milagrosa.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...