InicioSucesosO detido polo crime de Cristina Cabo pasa a disposición xudicial logo...

O detido polo crime de Cristina Cabo pasa a disposición xudicial logo de confesar

O detonante sería que pediu diñeiro á vítima e ela negoullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O detido polo crime de Cristina Cabo Buján confesou ser o autor do homicidio que se produciu no domicilio da vítima, na rúa Quiroga, en Lugo.

O cadáver da muller, de 42 anos, foi achado o domingo, con múltiples coiteladas, no dormitorio da vivenda. Atopouna a súa irmá, que se desprazou á súa casa tras levar a familia varias horas sen saber nada de Cristina Cabo.

Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que o home –que coñeceu á vítima nun local de lecer nocturno esa mesma madrugada– confesou durante unha declaración realizada a última hora deste mércores.

Tras tomar máis dunha vintena de declaracións, a Policía Nacional detivo o martes ao principal sospeitoso, un home de 32 anos e nacionalidade colombiana que levaba apenas dous meses residindo na cidade.

Cando foi arrestado, preparaba a súa fuxida, e nun rexistro no seu domicilio acháronse varios efectos da vítima, incluído o seu computador portátil.

Este xoves ás 9,00 horas foi trasladado ao Xulgado número 1 de Lugo, para o seu pase a disposición xudicial.

TRATOU DE XUSTIFICAR Os FEITOS: CONSUMO DE DROGAS E ALLEAMENTO

Fontes próximas á investigación apuntaron que o home, José, que confesou os feitos, alegou que tanto el como a vítima consumiran drogas –cocaína–, e que cometeu o crime nun momento de alleamento.

O detonante sería que pediu diñeiro á vítima e ela negoullo.

O portavoz da Comisaría de Lugo, o subinspector Manuel Arias, limitouse a confirmar o seu pase a disposición xudicial.

En canto á confesión, Arias trasladou que “desde a Policía Nacional non se fai ningunha declaración sobre ese particular”, xa que incumbe aos dereitos fundamentais do detido. “Os dereitos fundamentais dunha persoa privada de liberdade están por encima de calquera outro tipo de manifestacións”, argumentou..

Colectivos feministas convocaron varias concentracións en Galicia en condena do crime este xoves. Unha delas terá lugar ante o Concello de Lugo ás 20,00 horas. Tamén a comunidade colombiana convocou unha concentración de repulsa para este domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...