InicioEconomíaO primeiro polo de emprendimiento na provincia dará cobertura a nove concellos...

O primeiro polo de emprendimiento na provincia dará cobertura a nove concellos do sur

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou este mércores o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Lugo Sur, situado en Monforte de Lemos e que dará servizo a nove municipios das comarcas de Chantada e Terra de Lemos.

O novo centro é o primeiro que se estrea na provincia de Lugo como parte dunha rede de 12 polos que en 2023 estenderase e dará cobertura a toda Galicia, segundo explican nun comunicado.

Este é o cuarto polo da Rede, que se estreou o pasado mes de xullo co de Ourense Centro e Sur (situado en Verín), e xa integrada tamén por Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (en Coristanco).

O lucense estará localizado en Monforte, aínda que ofrecerá cobertura ao restantes oito localidades das comarcas de Chantada e Terra de Lemos: Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

Tal e como explicou a propia responsable de Fomento do Emprego, a rede de polos naceu para ofrecer un acompañamento continuado e ser un sostén para as persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando, converténdose nunha rede de seguridade para todas aquelas persoas que se decantan polo emprego por conta propia”.

Actualmente estes centros estratéxicos ofrecen asesoramento personalizado e permanente a 88 persoas beneficiarias con 69 proxectos empresariais. Ata o momento, apuntan, xa se realizaron ademais 286 sesións de tutoría cos emprendedores.

Os proxectos enmárcanse, maioritariamente, nos ámbitos das actividades artísticas, recreativas e de entretemento (19 %); en agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (17 %) e no de industrias manufactureras (17 %).

Ademais, e segundo avanzou a conselleira, a rede ampliarase o ano que vén con tres novos polos na provincia de Lugo, situados nas zonas da Mariña, Lugo Central e Montaña lucense.

O acto de inauguración tivo como protagonistas tres proxectos empresariais da zona de Lemos “con forte arraigamento co territorio do que forman parte”, segundo apuntou Lorenzana.

Son a marca de galletas mariñeiras Daveiga; da idea empresarial BarVANtia, e un terceiro proxecto de carácter artesanal. O tres, destacou a conselleira, “materializan as innumerables oportunidades de negocio que ofrece Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...