InicioSociedadeA Deputación de Lugo aproba os orzamentos para 2023 co único voto...

A Deputación de Lugo aproba os orzamentos para 2023 co único voto en contra do PP

As contas ascenden a 110 millóns, dos que 21,5 millóns destínanse ao Plan Único

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os votos dos grupos que conforman o goberno da Deputación de Lugo –PSOE e BNG– bastaron para que os orzamentos da institución para 2023 saísen adiante este martes coa única oposición do PP.

As contas da deputación que encabeza o socialista José Tomei ascenden a 110 millóns, dos que 21,5 millóns destínanse ao Plan Único, a través do cal se reparten partidas orzamentarias aos 67 concellos da provincia de Lugo.

Antes de entrar a pleno, o presidente lugués e alcalde de Monforte resaltou dos de 2023 son “os orzamentos máis elevados do mandato e van seguir dando resposta na liña de traballo que seguiu este goberno durante este catro anos para o conxunto da provincia de Lugo”.

Os socios de goberno, o BNG, a través da vicepresidenta da institución, Maite Ferreiro, coincidiron en apuntar a liña continuista dos orzamentos para o próximo exercicio, no que se celebrarán eleccións municipais.

“Son uns orzamentos bos xa polo feito de que se vaian aprobando a tempo e este ano novo os concellos poderán dispor dunha cantidade para saber como enfrontarse a facer obras”, incidiu Ferreiro, que subliñou que se trata dunhas contas “moi adaptadas á realidade”.

Pola súa banda, o portavoz do PP, Javier Castiñeira, criticou o que considera uns “malos orzamentos”. “Non se subiu aos concellos e están encabuxados. Gran parte están encabuxados polo sectarismo á hora de recibir recursos”, incidiu.

Do Plan Único, Castiñeira asegurou que é “insuficiente”. “Ten un millón e medio máis que o ano 2017 cando se fixo, cando os orzamentos teñen 25 millóns máis que en 2017”, apostilou.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...