InicioSociedadeBuses nocturnos gratuítos de novo xoves e venres polo San Froilán

Buses nocturnos gratuítos de novo xoves e venres polo San Froilán

O servizo de buses de Lugo conta con liñas nocturnas especiais e de balde o xoves 11 e o venres 12, e poderán realizar paradas para previr o acoso sexual

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo facilitará de novo este xoves e venres, 11 e 12 de outubro, os buses gratuítos de noite do San Froilán. Este servizo extraordinario comezará a partir das 22.30 horas, nas liñas especiais 3A, 4, 6, 7A, 3AE, 4E, 5E, 6E, co obxecto de favorecer o lecer nocturno e de facelo dun xeito seguro.

No marco da campaña municipal contra a violencia machista, a estes buses poderán acceder e baixar mulleres entre paradas, como tamén aquelas persoas que se sintan acosadas, violentadas ou crean que exista algún perigo para a súa persoa. Poderán escoller un punto preto das súas casas ou sitios que prefiran, sen que isto signifique desvío da ruta asignada.

Alén destes esforzos contra as agresións sexuais, o Concello tamén volverá instalar un Punto Violeta na rúa Anxo López Pérez coa esquina Praza Horta do Seminario, con horario, o día 11 de outubro, de 22:00 a 02:00 horas, e o 12 de outubro, de 12:00 a 02:00 horas. Haberá en todo momento do horario de apertura persoal profesional de atención e persoal voluntario polo recinto feiral e o centro de Lugo informando e sensibilizando.

Este punto engádese aos espazos seguros na contorna do feiral, na Oficina Municipal de Turismo e do Concello. Deste xeito, o Concello volve apostar por unhas festas libres de agesións e para elo busca involucrar á cidadanía; repartindo vinilos, folletos e chapas que manifestan o rexeitamento de todo tipo de agresións, así como os pasos que se recomendan en caso de sufrir algunha. 

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

A Vicepresidencia da Deputación apoia o proxecto Life Wild Pollinators para recuperar pastos

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo  apoia o desenvolvemento do proxecto Life Wild Pollinators,...