InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo adxudicará a reparación dos danos no auditorio e...

O Concello de Lugo adxudicará a reparación dos danos no auditorio e pedirá o importe á Xunta

A Administración local sinalou nun comunicado que reclamará este importe á Xunta de Galicia como "responsable inicial da deterioración da edificación", desde a finalización das obras en 2016 ata que se entregou formalmente ao Concello en 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo adxudicará este mércores un contrato por un total de 287.955 euros para reparar os problemas estruturas exteriores e interiores do auditorio, “derivados de deficiencias construtivas e da falta de mantemento”. As obras prevén un prazo de execución de catro meses.

Con todo, a Administración local sinalou nun comunicado que reclamará este importe á Xunta de Galicia como “responsable inicial da deterioración da edificación”, desde a finalización das obras en 2016 ata que se entregou formalmente ao Concello en 2020.

Ademais, o goberno local lembrou que “xa durante o acto de recepción, tentouse entregar ao ente autonómico os informes dos técnicos municipais, onde se daba conta dalgúns fallos advertidos nas dúas únicas visitas realizadas”.

Nesta liña, destacou que “os documento se fixeron chegar igualmente” e que a deterioración que se atopou “foi superior ao esperado debido a que a Xunta non realizara ningún labor de conservación do inmoble e todas as garantías para poder facelo caducaran”.

O Concello indicou que, os estudos levados a cabo polos técnicos municipais, cuantificaron máis de 200 danos. Así, o contrato que se adxudicará este mércores a Montaxes Metálicas Ingalux permitirá arranxar os danos de cubertas, fachadas, estruturas e carpintaría, entre outros.

Así mesmo, a Administración local reservou unha segunda partida para os traballos correspondentes á urbanización do exterior do auditorio, que nunca estivo aberto ao público, para mellorar a accesibilidade e enriquecer os espazos para levar a cabo eventos ao aire libre.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....